Edicións Everest Galicia. 2006

Misterio no Deza

Uxía, Brais e Ulises teñen unha misión en Camanzo: resolver o misterio da desaparición da imaxe da Virxe da súa igrexa. Con eles percorreremos Ponte Ledesma, visitaremos a Fundación Xosé Neira Vilas, coñeceremos o encoro de Portodemouros, o monte Farelo… Un traxecto tan longo como interesante, que nos levará a desvelar este misterio.