Fabulatorio 2013
kleinigkeiten/cousiñas
É un poemario escrito orixinalmente en alemán durante a estadía de Reimóndez na casa de artistas Villa Waldberta en 2011, promovida polo Instituto Cervantes de Múnic e o Kultureferat do Concello de Múnic, e publicado en galego en tradución da autora por Fabulatorio.
‘kleinigkeiten/cousiñas’ debulla o traballo de levar a outredade que o galego e a autora representan, á cerna dunha lingua e cultura central europea, nunha especie de diálogo íntimo no que a lingua de poder se converte na lingua dos afectos e dos desafectos, do privado e do íntimo.